"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

domingo, 27 de setembro de 2015

26/9/2015: Peláxica da gran lista

O sábado 26 o tempo non pintaba ben, a néboa era espesa, húmida. A nosa esperanza estaba en que levantase avanzada a mañá.

Saímos amencendo, pola ría só o son do motor do barco rompía a monotonía gris, aínda así non perdemos a ilusión.

Que ocorrería unha vez pasada Sálvora?
Deixado atrás o arquipélago que só intuíamos porque o ocultaba a espesa néboa, esta disipouse un pouco e fixeron a súa aparición  as gaivotas patiamarelas e escuras que foron a avanzada das demais aves, seguíronlle os mascatos, as pardelas encapuchadas que nos deleitaron co seu elegante voo, palleiras grandes, pardelas escuras e os primeiros paíños pequenos. Tamén furabuchos baleares, atlánticos, carrans comúns e cristados.

Unha vez botado pola borda o “chum” empezáronse a reunir bastantes gaivotas, sobre todo escuras, que coa súa frenesí atraían as palleiras grandes, parásita e pomarina, pero tamén aos mascatos, gaivotas de Sabine, tres paíños de Wilson, carrans, pardelas, falaropos,  etc.

Como citas curiosas, a bastantes millas naúticas da costa, unha lavandeira branca esgotada pola viaxe tentaba pousarse no barco para descansar e un pilro común e duas garzas reais en migración.
Ademais un grupiño de doce peixes roda con curioso comportamento, pois se ladeaban mentres as gaivotas lles picoteaban o corpo para desparasitalos.

Os cetáceos foron os golfiños comúns en pequenas agrupacións os que observamos, excepto unha manda duns vinte exemplares.

E xa preto do porto nas bateas de mexillón, corvos mariños cristados e grandes, gaivotons atlánticos e limícolas varias puxeron o punto final a unha travesía entre un mar de néboa pero repleta de animais que animaron a paisaxe.


A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:


E algunhas fotografías da xornada, (c) de Saúl de la Peña e José Antonio Acuña.


Golfiño común Delphinus delphis (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.


Gaivotón Larus marinus (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.


Carrán cristado Sterna sandvicensis (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.

Peixes roda Mola mola (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.


Peixes roda Mola mola (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.
Pardela encapuchada e gris Puffinus gravis, griseus (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.
Paíño de Wilson  Oceanites oceanicus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Sem comentários:

Enviar um comentário