"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 26 de agosto de 2013

17/08/2013 - néboa, Sabines e unha balea!

O sábado 17 de agosto saímos do porto do Grove cedo pola mañá (8:00 h), con mar en calma e día parcialmente despexado na ría que facían presaxiar unha cómoda peláxica. Os primeiros arroaces apareceron na zona de bateas fronte a Rons, obsérvandose ademais gaivotóns e gaivotas cabecinegras. Xa na boca da ría, o illote de Pombeiro aparecía cuberto de corvos mariños cristados e na zona marítima próxima observáronse algúns furabuchos baleares e mascatos. Tras "dobrar" Sálvora, un grupo de golfiños comúns foron localizados, e unha figura maxestuosa emerxeu a uns 100 m de onde estabamos: unha balea alibranca! Este animal, duns 6-7 m de lonxitude, avanzaba paseniño cara ao SSE, á vez que os golfiños rodeaban o barco: un gran momento verdadeiramente!

Seguindo a ruta ao oeste, atopamos algunhas pardelas cincentas ademais de palleiras grandes e ducias de gaivotas patiamarelas e escuras. Ás 9 millas de costa a néboa fixo acto de presenza e condicionou o primeiro chum ás 12 millas de Ons, ao cal non acudiron aves. Tras un bo anaco de espera, o patrón decidiu partir ao norte, a 12 millas ao oeste de Corrubedo, chegando a unha zona con néboa moi pouco densa que foi abríndose co paso das horas. Ao novo chum acudiron tres gaivotas de Sabine e dúas palleiras parasitas, entre outras aves.

O regreso estivo tamén marcada pola néboa e a escaseza de aves se ben a 7 millas do arquipélago de Sálvora, nun terceiro chum, apareceu un furabuchos atlántico, unha pardela escura e máis palleiras grandes, furabuchos baleares e pardelas cincentas.

Tras pasar xusto ao norte da illa de Sálvora, apareceu o único paíño pequeno do día, xunto con algunhas pardelas baleares xa dentro da ría.

A seguir a táboa de avistamentos do día (en grosa as máis destacadas e en cursiva cifras aproximadas): [PROXIMAMENTE]

E algunhas fotos (c) Juan Gómez Escariz, José Antonio Acuña "Luma" e Cosme D. Romay:

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma".

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Furabuchos atlántico (Puffinus puffinus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Pardela escura (Puffinus griseus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Pardela escura (Puffinus griseus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Mascato (Morus bassanus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma".

Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Gaivota patiamarela (Larus michahellis), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma".

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), porto do Grove, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma".

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), porto do Grove, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Arroaz (Tursiops truncatus), ría de Arousa, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Arroaz (Tursiops truncatus), ría de Arousa, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Golfiño común (Delphinus delphis), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz.

Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido.

Sem comentários:

Enviar um comentário