"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quinta-feira, 22 de maio de 2014

10/05/2014: as primeiras Sabines!

O sábado 10 de maio partimos do porto do Grove ás 8:15 h da mañá para aproveitar ao máximo as horas de luz. Non esperabamos ver cantidades grandes de aves mariñas, pero sí variedade. E abofé que a houbo!

Na ruta pola ría ata a illa de Sálvora puidemos gozar dalgúns paseriformes, de limícolas como virapedras ou mazaricos chiadores, así como as sempre agradecidas gaivotas patiamarelas (que ao final totalizaron 2374 individuos), algunha gaivota escura e os fermosos corvos mariños cristados.
Chegando a Sálvora comezaron a verse os mascatos, 132 en total, de diversas idades, así como os primeiros furabuchos baleares do ano, que na súa viaxe cara ao golfo de Biscaia fan un alto no camiño para alimentarse nas nosas costas.
Pouco a pouco deixáronse ver os carráns cristados, as palleiras grandes e os paíños pequenos (nada menos que 15 exemplares) e, para sorpresa de todos, achegáronse 2 gaivotas de Sabine en destacado plumaxe nupcial.
Xa no camiño de volta atopamos 1 carolo e 1 arao común na boca da ría de Arousa, próximos a illa de Sálvora.

No tocante aos mamíferos mariños, que se prevían protagonistas da xornada, tan só apareceu un grupiño duns 8 arroaces, os que observamos entre as bateas fronte á praia da Mexilloeira. Tamén gozamos ao longo de toda a viaxe de varios peixes roda.

Eis aquí a lista de especies observadas, con observacións destacada en grosa e números aproximados en cursiva:


Nome científico Nome galego
Puffinus mauretanicus Furabuchos balear 7

Hydrobates pelagicus Paíño pequeno 15

Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 439

Morus bassanus Mascato 132

Arenaria interpres Virapedras 1

Numenius phaeopus Mazarico chiador 1

Stercorarius skua Palleira grande 7

Larus michahellis Gaivota patiamarela 2374

Larus fuscus Gaivota escura 2

Xema sabini Gaivota de Sabine 2

Sterna sandvicensis Carrán cristado 17

Uria aalge Arao comun 1

Alca torda Carolo 1

Motacilla alba Lavandeira branca 4

Passer domesticus Pardal común 4









Tursiops truncatus  Arroaz 8





Mola mola Peixe roda 3

E algunhas fotos da xornada, (c) de Xosé Luis Fernández Carnero e José Luis Lorenzo García "Colón":
Algúns participantes da saída. 10/5/2014, bocana da ría de Arousa. (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Mascato Morus bassanus, subadulto. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) X. L. Fernández Carnero.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) X. L. Fernández Carnero.
Carolo Alca torda, 2º ano-calendario, 10/5/2014, illa de Sálvora. (c) X. L. Fernández Carnero.
Paíño pequeno Hydrobates pelagicus. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Furabuchos balear P. mauretanicus. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Palleira grande S. skua. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Gaivota de Sabine Xema sabini. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Arao común Uria aalge. 10/5/2014, illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis, xuvenís. 10/5/2014, ría de Arousa. (c) X. L. Fernández Carnero.


Sem comentários:

Enviar um comentário