"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

domingo, 27 de setembro de 2015

26/9/2015: Peláxica da gran lista

O sábado 26 o tempo non pintaba ben, a néboa era espesa, húmida. A nosa esperanza estaba en que levantase avanzada a mañá.

Saímos amencendo, pola ría só o son do motor do barco rompía a monotonía gris, aínda así non perdemos a ilusión.

Que ocorrería unha vez pasada Sálvora?
Deixado atrás o arquipélago que só intuíamos porque o ocultaba a espesa néboa, esta disipouse un pouco e fixeron a súa aparición  as gaivotas patiamarelas e escuras que foron a avanzada das demais aves, seguíronlle os mascatos, as pardelas encapuchadas que nos deleitaron co seu elegante voo, palleiras grandes, pardelas escuras e os primeiros paíños pequenos. Tamén furabuchos baleares, atlánticos, carrans comúns e cristados.

Unha vez botado pola borda o “chum” empezáronse a reunir bastantes gaivotas, sobre todo escuras, que coa súa frenesí atraían as palleiras grandes, parásita e pomarina, pero tamén aos mascatos, gaivotas de Sabine, tres paíños de Wilson, carrans, pardelas, falaropos,  etc.

Como citas curiosas, a bastantes millas naúticas da costa, unha lavandeira branca esgotada pola viaxe tentaba pousarse no barco para descansar e un pilro común e duas garzas reais en migración.
Ademais un grupiño de doce peixes roda con curioso comportamento, pois se ladeaban mentres as gaivotas lles picoteaban o corpo para desparasitalos.

Os cetáceos foron os golfiños comúns en pequenas agrupacións os que observamos, excepto unha manda duns vinte exemplares.

E xa preto do porto nas bateas de mexillón, corvos mariños cristados e grandes, gaivotons atlánticos e limícolas varias puxeron o punto final a unha travesía entre un mar de néboa pero repleta de animais que animaron a paisaxe.


A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:


E algunhas fotografías da xornada, (c) de Saúl de la Peña e José Antonio Acuña.


Golfiño común Delphinus delphis (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.


Gaivotón Larus marinus (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.


Carrán cristado Sterna sandvicensis (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.

Peixes roda Mola mola (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.


Peixes roda Mola mola (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.
Pardela encapuchada e gris Puffinus gravis, griseus (SW Galicia),  26/9/2015, (c) S. de la Peña.
Paíño de Wilson  Oceanites oceanicus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  26/9/2015, (c) J. A. Acuña.

terça-feira, 22 de setembro de 2015

18/9/2015: Peláxica da Sabine

Facía frío cando partimos pero o día parecía saír asollado.

Despois de avanzar pola ría houbo un problema técnico que nos obrigou a regresar ao porto.
Unha vez reparado o barco, volvemos saír e agora con máis ganas que antes.

Aínda que non observamos a cantidade de aves do día 12 se setembro, si houbo variedade de especies, pois no traxecto pola ría non faltaron os corvos mariños cistados ou grandes, nin as gaivotas patiamarelas, choronas, escuras, cabecinegras e gaivotons, algunha limícola e garzas reais descansando nas bateas.

Xa avanzadas varias millas apareceron os mascatos, as pardelas cincentas, os furabuchos baleares, as pardelas escuras, encapuchadas e atlánticas, as palleiras todas menos as rabilongas e aínda que esta vez non se viron paíños, foron substituídos polos delicados falaropos. Ademais de observar 6 gaivotas de Sabine, carrans común, cristados, etc.

En canto a cetáceos: arroaces, golfiños comúns e un bonito grupo de golfiños grises fixeron a sua presenza.

Destacar tamén 1 folosa amerela que se parou a descansar na varanda do barco durante un intre.

A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:


E algunhas fotografías da xornada, (c) de X. V. Pumariño.


Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.

Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.

Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
Corvo mariño cristado  Phalacrocorax aristotelis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
Arroaz boto  Grampus griseus, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
Arroaz boto  Grampus griseus, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.


terça-feira, 15 de setembro de 2015

18/09/2015: Nova saída peláxica.

Debido a que a derradeira saída pelágica correspondente ao sábado 12 de setembro foi cancelada polas condicións do mar desfavorables, programamos outra ruta para o vindeiro venres 18 deste mes.

Como  a época na que estamos é unha das mellores do ano para observar aves mariñas en migración, ¡animate a participar!.

Esperámosche.

Fotos da derradeira saída de Xan Diéguez.

Golfiño común Delphinus delphis (SW Galicia), 6/9/2015, (c) X. Diéguez.
Gaivota de Sabine Xema sabini, (SW Galicia), 06/09/2015, (c) X. Diéguez.
Paíño de Wilson Oceanites oceanicus, (SW Galicia), 6/9/2015, (c) X. Diéguez.
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 6/9/2015, (c) X. Diéguez.

Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia), 6/9/2015, (c) X. Diéguez.

Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 6/9/2015, (c) X. Diéguez.


terça-feira, 1 de setembro de 2015

29/08/2015. Outra gran lista!

Despois de varios días de vento e choiva, amenceu con néboa espesa que por momentos mollaba. Saímos como é habitual as 8 da mañán, pero pouco despois saliu o sol.

Cando partimos, aínda coa  mala visión da neblina, víronse carrans cristados, garzas reais, virapedras, biluricos das rochas, gaivotons, gaivotas choronas, escuras, patiamarelas, corvos mariños cistados e grandes, algúns mascatos, mazaricos chiadores, pilros comuns, corvos pequenos… e arroaces.

Pasada a illa de Sálvora e xa con tempo asollado gozamos das primeiras furabuchos baleares e pardelas cincentas, os primeiros falaropos bicogrosos e paíños pequenos, un bandiño de pilros tridáctilos, peixe roda e un grupo grande de golfiños encabezando a proa do barco.

Máis mar dentro víronse bos números de pardelas encapuchadas e tamén pardelas escuras e baleares, carrans comúns, paíños de Wilson e pequenos,  palleiras grandes, parasitas, pomarinas e rabilongas. Gabitas, gaivinas negras, máis falaropos bicogrosos e  un total de 193 gaivotas de Sabine. Ademais doutra manda numerosa de golfiños que volveron xogar co  “Chasula”.

Xa na viaxe de volta xunto con gaivotas cabecinegras, píllaras de colar, garcetas comúns, víronse máis carrans cristados e carrans comúns e outra balsa de 40 falaropos bicogrosos, especie pouco habitual dentro da ría.

O día foi memorable, tanto en cifras como en especies, como dixo un dos participantes “dos que fan afección”.
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:




E algunhas fotografías da xornada, (c) de  Xan Gómez e Rubén Blanco.

Alguns participantes da salida. 29/8/2015, (c) R. Blanco.

Gaivota de Sabine Xema sabini, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.
Gaivota de Sabine Xema sabini, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.



Paíño de Wilson Oceanites oceanicus, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.


Palleira rabuda Stercorarius longicaudus, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Palleira pomarina Stercorarius. pomarinus, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Palleira pomarina Stercorarius pomarinus, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Carrán común Sterna hirundo, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Gaivotas de Sabine Xema sabini, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Gabitas Haematopus ostralegus, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.
Falaropo bicogroso Phalaropus fulicarius, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Carrán negro Chlidonias niger, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Falaropo bicogroso Phalaropus fulicarius, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Carrán cristado Sterna sandvicensis, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Garza real Ardea cinerea, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  29/8/2015, (c) R. Blanco.
Furabuchos balear Puffinus Mauretanicus (SW Galicia),  29/8/2015, (c) R. Blanco.
Carrán común Sterna hirundo, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) X. Diéguez.

Furabuchos balear Puffinus Mauretanicus (SW Galicia),  29/8/2015, (c) R. Blanco.
Falaropo bicogroso Phalaropus fulicarius, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Carrán común Sterna hirundo, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.

Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Golfiño Delphinus delphis, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Golfiño común Delphinus delphis, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Gaivotas de Sabine Xema sabini, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Palleira pomarina Stercorarius pomarinus, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.

Gaivotas de Sabine Xema sabini, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.

Falaropos bicogrosos Phalaropus fulicarius, (SW Galicia), 29/8/2015, (c) R. Blanco.
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  29/8/2015, (c) R. Blanco.