"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 3 de agosto de 2015

15/08/2015: Saída peláxica dos carrans

Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

O vindeiro sábado 15 de Agosto realizaremos outra ruta no barco "Chasula" cara á zona peláxica do canón de Arousa, para observar aves mariñas que non se achegan a costa e mamíferos mariños.

Tentaremos divisar furabuchos baleares, parleas cincentas, furabuchos atlánticos, pardelas escuras, palleiras grandes, parásitas e pomarinas, paíños, mascatos e carrans. Ademais de aves costeiras que se alimentan das ricas augas que lles ofrece esta ría Baixa e tamén arroaces e golfiños.

Non perdemos a esperanza, como outros anos por estas datas, de ver gaivotas de Sabine e ¡balea alibranca!

Si queres vivir esta experiencia, envíanos un correo para recibir máis información. 

Sem comentários:

Enviar um comentário