"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quarta-feira, 18 de janeiro de 2012

Cancelación da saída do 21/01/2012

Debido ás previsións meteorolóxicas desfavorables e ó estado da mar o patrón do Chasula e seabirds decidimos suspender a saída programada para este sábado, xa que non son as condicións ideais para o avistamento e fotografía das aves.
En febreiro retomaremos as saídas peláxicas das que informaremos en canto estean programadas.
Pedimos disculpas polas molestias que puidera ocasionar esta cancelación.



terça-feira, 10 de janeiro de 2012

Novas saídas de xaneiro

 

O vindeiro sábado 21 realizaremos unha saída "semipeláxica" dende o porto do Grove ( Pontevedra)
Zarparemos do peirao ás 8:15 e o regreso será ó redor das 15:00.
realizaremos un percorrido pola Ría rodeando a península de O Grove e Sálvora ata a zona externa da baía da Lanzada, entre Sálvora e Ons, para retornar próximos á costa.
Lanzaremos "chum" para atraer aves mariñas ( Morus bassanus, Stercorarius skua, Lars melanocephalus e con sorte Hydrobates pelagicus e Puffinus mauretanicus) Na zona media da baía é posible a observación de Gavia immer, Melanitta nigra, Alca torda e Phalacrocorax aristotelis.

Para se apuntar: seabirdsgalicia@gmail.com (límite ata o venres 20 de xaneiro ás 22:00 h).

A saída está suxeita ás condicións meteorolóxicas e do mar da xornada. Avisarase dunha eventual cancelación con 48 h de antelación.

Así mesmo realizaremos unha saída peláxica a finais de febreiro seguindo a ruta peláxica de costumbre ata o Canón de Arousa, para observar e avaliar os efectivos das diferentes especies de aves peláxicas. Informaremos das novidades.